Midición diámetro del árbol

Pretendemos que estas páxinas sexan nunha ferramenta de comunicación e diálogo que permita satisfacer as expectativas de información dos nosos públicos, e ao mesmo tempo, poña en valor o labor que vimos desenvolvendo en materia de responsabilidade social; que sirva como guía da mellora continuada coa que comprobar o nivel de cumprimento dos nosos obxectivos, e que plasme os nosos progresos e tamén os nosos puntos débiles nas areas económicas, medioambientais e sociais.

Con estas páxinas, preténdese contribuir á implantación do desenvolvemento sostible da sociedade, e dar a coñecer con transparencia e comparabilidade, os logros obtidos co noso traballo, profesionalidade e adicación de todo o equipo que formamos parte do proxecto de Gallanova.

Pretendemos seguir comprometéndonos co obxectivo de poder achegar as empresas do rural galego, facendo de ponte do coñecemento, a ciencia e a tecnoloxía, que lles permitan afrontar con éxito os retos económicos, sociais e de sostibilidade que teñen plantexados cara o inmediato futuro, nun entorno cada vez máis global, dinámico, esixente e competitivo.

Agardamos contribuir así non só a achegarnos dunha maneira transparente ao noso entorno senón que sirva de incentivo permanente para seguir avanzando no noso compromiso co desenvolvemento rural, compromiso que vai no alicerce da nosa misión corporativa e que se manifesta a través da colaboración aberta cos actores que interveñen no sector e a través dos nosos programas de transferencia científica e tecnolóxica ao medio rural.